img
 

Roteiro Sendeiro de Gallol PR-G 140

 


DESCRICIÓN:

Comezamos subindo pola carreitera LU-740 dirección A Fonsagrada e xiramos no primeiro camiño á esquerda. Deseguido chegamos a un pequeno núcleo de casas onde destaca Villa Severina, co seu hórreo de teito. Collemos a primeira rúa á dereita, deixando á esquerda o aloxamento turístico. Deseguido encontramos de novo a carreteira LU-740, e cruzamola para continuar pola dereita por un camiño no que deixaremos atrás o asfalto.
Continuamos e tras superar unha baixada de forte pendente, o camiño atravesa unha repoboación de piñeiro. Unhos centos de metros máis adiante, poderemos descubrir na marxe esquerda do camiño, unha carboeira.
O camiño conducenos ata un promontorio de pedra cun mirador, no que se esconde un cortín encaixado na base da roca. Temos que continuar a ascensión ata o castro, que bordearemos e comezamos a baixada ata o Río Rodil.
Encontramos a Ponte Nova, o Ponte del Rodil, dende donde podemos ver a desembocadura do Río Veiga de Logares no Rodil. Cruzamos o río e comenzamos a subida ata que encontramos unha corripa na beira esquerda do camiño, que neste punto se bifurca. Seguimos polo ramal da dereita, que nos conduce ata unha ramificación circular, polo que aquí temos a posibilidad de reducir a ruta.
Tras cruzar a Ponte do Castelo tomamos a primeira desviación á man esquerda, que nos sube ata o pobo de Parada, noutrora habitado. Baixamos ato o Río Parada, que nos guiará ata chegar ós Muiños de Parada. Desandamos un tramo do percorrido ata a Ponte do Castelo e novamente na corripa, collemos o ramal da dereita.
Comenzamos unha forte ascensión atravesando un soto, no que as miradas atentas poderán observar as marcas de propiedade hundidas na codia dos castiñeiros. Seguimos o camiño e vemos á dereita o pobo de Vilarín do Castelo, o camiño continúa ata que tomamos a primera desviación a man esquerda, que nos introducirá novamente nun gran soto.
O camiño estraitase nunha congostra que discorre entre muros e bao o dosel dos acivros e dalgún teixo, o que nos anuncia a chegada o pobo de luctuoso pasado, de Vilarxubín. Cruzaremos o pobo e comezamos a baixar polo soto ata chegar de novo o Río Rodil e a súa unión co Pontigón. Traspasaremos o Ponte de Beltrán, e tras cruzar o bosque e superar unha forte subida, chegamos a un camiño que atravesa unha zona de repoboación de piñeiros.
O camiño comeza cunha forte ascensión, na que xa se pode adiviñar o fin da ruta. Este tramo da ruta é coincidente coa ruta de Santo André.
Tras pasar unha oscura congostra que discorre entre prados de pastoreo, chegamos de novo á carreteira LU-740 e á escola de Vilardíaz.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

16.85 km.

Duración estimada:

04:30:00

GALERÍA DE IMÁXES: