img
 

Roteiro do Forno do Bolo

 


DESCRICIÓN:

Para chegar ata o punto de partida da ruta collemos na Fonsagrada a estrada LU-701, e a uns 4 km observamos á esquerda un desvío indicado para Queixoiro.
Só teremos que continuar por esa estrada ata o aparcadoiro, situado a 200 m. do propio pobo.
A pegada da auga na natureza…
Neste punto comezaremos nosa andadura, que nos conducirá a través dun bosque de piñeiros ata chegar ó arroio de Tronceda, que será bordeado a través dunha pequena ponte para adentrarnos, deste modo, nun pequeno souto de castiñeiros no que poderemos apreciar corripas.
Seguendo o curso do río é posible apreciar a súa unión ó arroio de Queixoiro. Proseguindo a andaina, vislumbramos a primeira das fermosas seimeiras. Seguindo o discurrir destas augas ó amparo dun bosque de galería, detemonos a ollar a caída da segunda das seimeiras. Finalmente colleremos o camiño de volta ó punto de inicio.
Disfruta do seu rico patrimonio…
Son as corripas un emblema patrimonial da ruta, tratándose de construccións empregadas para o almacenamento das castañas o longo do ano.
A seimeiras, inscritas no catálogo galego de humedais protexidos, confiren un claro atractivo por ser a esencia desta comarca, onde a auga é unha das características definitorias da súa entidade.
Tamén conta coa existencia de dous castros coroando a segunda das seimeiras, que se encontran catalogados no GA, ainda que para visitarlos é necesario desviarse da ruta.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

4.3 km.

Duración estimada:

01:00:00

GALERÍA DE IMÁXES: