DESCRICIÓN:
Esta ruta comenza no pobo de Castañoso, lugar eminentemente rural, con construccións típicas galegas, ademáis de numerosos hórreos de influencia asturiana con planta cadrada e cuberta piramidal, de palla ou lousa, rematados cunha pirula. No zarrado, ou corpo, a veces posúen un corredor donde as mazorcas de millo dan unha fermosa nota de cor.
Collemos o camiño da esquerda, unha senda que no seu primeiro tramo é de baixada, por un antigo paso de carros ata chegar o cortín de Monteagudo, construcción circular feita de pedra, e que servía para resgardar as colmeas dos ataques dos osos.
Seguimos a senda de baixada, algo dificultosa a seu paso poa coñecida “cuaje de los moros”, e que nos leva á entrada do castro de Castañoso, pasando antes polos impresionantes cortíns de López e de Villar.
O castro de Castañoso destaca pola súa conservación, xa que son numerosas as paredes e cuaxes que a simple vista se observan .
Situado entre as márxes dos arroios das Covas e Valdobarreiro.
Volvemos sobre nosos pasos, para continuar a ruta, esta vez collendo a senda da esquerda internándonos nun bosque cada vez máis espeso e frondoso, e que nos leva polo antigo camiño que iba dende Castañoso ata a capela de Santiago, hoxe en día en estado de abandono, pero en medio dun inmellorable marco natural, rodeada dun gran número de corrizas, o que fai constatar o aproveitamento comunal dos castiñeiros.
Baixaremos ata o Muiño de Penallo, actualmente en estado de abandono, pero cun entorno incomparable, para elo, teremos que cruzar o arroio das Covas por unha ponte de madeira dende onde se puede observar unha pequena pero maravillosa seimieira.
Deixaremos atrás o bosque de castiñeiros, para comezar la subida ó pobo de Castañoso, punto final de nosa andadura.