DESCRICIÓN:
Non esquezas visitar este enclave natural.
A ruta dos Pintores debe o seu nome á existencia de dous recoñecidos artistas, ambos nativos da zona por onde esta transcorre, brindando deste modo unha afecta homenaxe a súa traxectoria profesional.
As pegadas do camiñante…
Saimos de A Fonsagrada pola estrada LU-701, desviándonos no PK 6 en dirección a Allonca. Transcorridos preto de 6 km nesta dirección, comezamos a ruta na Ferrería de Pántaras ata llegar o desvío de Relaio, onde collemos a pista de terra que pasa por diante da casa e que nos leva ata o río Allonca, que cruzamos pola ponte de madeira.
Seguimos a senda que transcorre paralela ó mesmo, e inmersos nunha boscosa zona de amieiros, castiñeiros e carballos, chegamos ata a fermosa igrexa de Santa María de Allonca. Aquí encontramos unha interesante fonte na que se pode apreciar un túnel de 30 metros de longo.
Continuamos o camiño atravesando un frondoso e centenario bosque de castiñeiros, salpicado de corripas (construccións circulares de pedra para gardar as castañas), ata chegar o escondido muiño dá Allonquiña.
Neste punto, e antes de comezar o camiño de volta, debemos pararnos a tomar folgos e disfrutar do río Allonca e do ecosistema que o rodea, caracterizado por un bosque de ribeira, conformado por abidueiras e fresnos con raíces que reposan nas tranquilas augas deste río.
Reencóntrate co pasado…
Camiñando sobre nosos pasos, collemos dirección a Allonquiña, pobo natal do pintor Manuel López Monteseirín. Encontramos neste punto, unhas interesantes mostras de arquitectura popular, así como una antiga escola.
Deixando atrás o pobo de a Allonquiña, nosa próxima parada será a casa grande de a Allonca.
Continuando pola senda, e camiño de Pántaras, acercaremonos ata o pombal desta propiedade, unha mostra de arquitectura moi interesante.
Pobos con historia…
Desde ese punto, o camiño ascende ata chegar o pobo de Pántaras, lugar de nacemento do artista Benxamín Álvarez. Aquí poderemos contemplar os teixos centenarios, así como os numerosos hórreos e casas de piedra, que dotan este pobo dun singular atractivo.
O camiño final da ruta transcorre pola estrada asfaltada, baixo as sombras dun gran souto que nos conducirán ata seu fin.