img
 

Roteiro da Pena de Guimara PR-G 139

 


DESCRICIÓN:

Comezamos a andaina subindo pola carreteira LU-740 dirección A Fonsagrada e xiramos no primeiro camiño a esquerda. Deseguido chegamos a un pequeno núcleo de casas onde destaca Vila Severina, co seu hórreo de teito. Collemos a primeira rúa á dereita, deixando á esquerda o aloxamento turístico.
Encontramos de novo a carreteira LU-740, e cruzamos para continuar pola dereita por un camiño no que deixaremos atrás o asfalto. A man dereit do camiño, comezamos a baixar por un estreito sendeiro, que nos introduce no souto.
Tras pasar baixo un enorme e fermoso teixo, encontramos na beira do camiño dúas carboneiras, que testemuñas dos antigos usos do monte.
O camiño baixa ata uns banzos de pedra, chegando á carreteira PR-19-05, pola que teremos que subir uns 340 metros antes de introducirnos novamente no bosque na marxe esquerda.
Tras baixar ata o río Veiga de Logares, comezamos a remontar o río, e tras pasar dúas corripas, chegamos ás ruinas de dous antigos muiños que anteceden a unha parede de pedra, que teremos que bordear pola marxe dereita. É neste punto, onde o percorrido sorprendenos con estreitos pasos entre as rochas, que superaremos ata chegar novamente ó río.
Camiñamos paralelamente ó río, sobre o lateral dunha antiga presa que regaba as veigas, deixando o río a esquerda. O roteiro continua pola beira do río, ata encontrarnos de frente có camiño que nos leva a á esquerda o pobo e o Castro de Romeán. No pobo poderemos disfrutar de exemplos de arquitectura tradicional en perfecto estado de conservación.
Subindo polo camiño chegaremos a San Martín de Robledo, unha fermosa aldea onde as casas se adaptan ó terreo, encaixándose nas rochas. Destaca tamén a igrexa co seu rústico patio cuberto.
Atravesaremos un pequeno souto, no que tras descubrir varias covas excavadas pola auga na rocha caliza na marxe dereita do camiño, chegamos novamente á carreteira PR-19-04 que nos levará de volta ó punto de inicio.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

9.75 km.

Duración estimada:

02:30:00

GALERÍA DE IMÁXES: