img
 

Roteiro Seimeira de Vilagocende

 


DESCRICIÓN:

CONOCE A SEIMEIRA MÁIS GRANDE DE GALICIA…
Para chegar ata a ruta collemos na Fonsagrada a carreteira LU-721, dirección á aldea de Vilagocende. 300 metros antes de chegar a este pobo aparcamos o coche e atoparemos un cartel da ruta a man dereita. Deixamos a carreteira asfaltada a nosa espalda para adentrarnos de cheo no camiño que transcorre entre tramos de bosque de carballos e de piñeiros do país.
DISFRUTA DA NATURALEZA EN ESTADO PURO…
Avanzando entre diversas pasarelas de madeira encontramonos coa bravura e a intensidade coa que as augas do río Porteliña baten dende unha caída libre de máis de 50 metros.
A través da ponte podemos acceder á base da mesma e contemplar a sua fermosura protexida por un bosque de ribeira constituido por abidueiras, ameneiros e carballos.
Tamén existe a alternativa de visitar un miradoiro situado enrriba da seimeira que nos ofrece outra perspectiva da mesma non menos espectacular.
Para volver o punto de inicio teríamos que volver polo mesmo camiño.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

2.24 km.

Duración estimada:

01:00:00

GALERÍA DE IMÁXES: