img
 

Roteiro Liñares de Bidul

 


DESCRICIÓN:

En Liñares de Bidul, collemos un camino que sae á esquerda en dirección leste.Ó comenzo, nosos pasos discorren por un bo camiño que atravesa monte hacia abaixo, que o pouco se converte nun camiño descendente de bastante pendente. Máis adiante, encontramos as ruinas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e bosque autóctono. Continuamos por un camiño bastante esbaradizo, que atravesa varios sotos e regatos pasando xunto ós restos de antigas corripas.
En cada paso, o camino é máis fermoso, seguindo o regato do Navallo, encaixado no fondo do vale, onde encontramos unha casa habitada temporalmente e que posúe unha fonte. Seguimos o camiño ata chegar á carreteira, onde collemos á esquerda ata a entrada da pista có indicador hacia Riodeporcos, pola que continuaremos a ruta.
Deixando a ponte colgante de Riodeporcos á esquerda, seguimos nosa andadura de frente, encontrándonos có camiño da República (antigo camiño feito a man nos anos 30 e 40 que une A Fonsagrada e San Antolín de Ibias), que discorre pegado ó embalse de Grandas de Salime.
Continuamos o canal do río Navia, disfrutando dunha paisaxe fluvial de gran beleza e valor ecolóxico, ata chegar á Fábrica, lugar onde se fundía o mineral ata o ano 1875, e do que aínda hoxe se conserva a súa imponente cheminea.
Na aldea abandonada da Fornaza encontranse os restos de antigos fornos de fundición de ferro e unha antiga capela.
Seguindo o camiño pegado ó río Lamas, chegaremos á Ferrería de Vilar de Cuíña, que tivo actividad ata finais do século XIX. Despois de deixar este lugar, hoxe convertido en área recreativa, continuamos o camino da República acompañados da beleza paisaxística da ribeira do río Lamas ata chegar á ponte de Villabol, onde finaliza nosa andadura.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

16.81 km.

Duración estimada:

04:30:00

GALERÍA DE IMÁXES: